Este 8 de marzo, Día Internacional da Muller, úneche a ONU Mujeres e ao mundo baixo o lema "Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible" e reclamemos unha acción polo clima por e para as mulleres. As mulleres e as nenas sofren máis o impacto da crise climática xa que esta amplifica as desigualdades de xénero existentes e pon a vida e os medios de vida das mulleres en perigo. A participación plena e igualitaria das mulleres na toma de decisións é unha prioridade máxima na loita contra o cambio climático. Recoñezamos e celebremos a contribución de todas aquelas líderes que nos guían cara a un futuro máis sostible para todos. Comparte a mensaxe co mundo!
Un futuro sostible e igualitario permanecerá fóra do noso alcance sen igualdade de xénero hoxe.Seguir lendo en UN.org
Este ano a conmemoración oficial do eventocelebrarase virtualmente o 8 de marzo de 2021, de 10:00 h a 11:30
h ( ET). O acto reunirá a personalidades e activistas pola igualdade de
xénero e o cambio climático como Jane Goodall e tras el celebraranse unha mesa redonda de alto nivel e
diversas actuacións musicais.
Ningún comentario :
Publicar un comentario