Estos días que tedes a mostra de obras sobre o
25 de novembro "Contra a violencia de (calquer) xénero", queríamos
chamarvos a atención de dúas obras moi interesantes que espertan o terror máis
fondo pois non debería ser certo que o ser humano sexa capaz de cometer feitos
de tanta violencia:
- Hierba: a historia real dunha supervivinte: Le Ok-Sun, unha moza coreana que durante a Guerra do Pacífico foi explotada como «muller de consolo», o eufemismo utilizado polo exército imperial xaponés para referirse ás súas escravas sexuais. A día de hoxe, aquel segue sendo un dos capítulos máis escuros do século XX. Partindo das entrevistas que mantivo con Le Ok-Sun nunha residencia de anciáns, a autora narrou o devir da súa infancia nun ambiente extremadamente humilde, vendida sucesivamente a varias familias adoptivas, ata que chegou a ocupación xaponesa e en 1942 foi trasladada á forza a unha base aérea en China.
- Los pies vendados: Seguindo o costume tradicional, segundo mandan os canons de beleza para así poder aspirar a un matrimonio que permita ás nenas subir de clase social, a moza Chunxiu é obrigada a vendarse os pés para que non crezan, coa tortura física que supón. Pero o calvario non termina aí. Coa chegada de Mao deberá soportar a presión dunha nova sociedade que rexeita os hábitos da Chinesa imperial. Os pés vendados constitúe un curso de historia de primeira man e, ao mesmo tempo, unha crítica aberta ás sucesivas revolucións vividas por China, pero tamén é a tráxica biografía dunha muller que as sufriu.
Non deixedes de revisar a selección e atoparedes verdaderas obras mestras!
Ningún comentario :
Publicar un comentario