mércores, 8 de marzo de 2023

No Día Internacional da Muller

En marzo de 1908 un grupo de obreiras téxtiles de Nova York decidiu saír á rúa para protestar polas malas condicións de traballo. Entre outras cousas, demandaban a igualdade salarial, a diminución da xornada laboral a 10 horas e un período de tempo para poder dar de mamar aos seus fillos. Aos poucos días, un incendio nunha fábrica de camisas acabou coa vida de máis dun centenar de mulleres, moitas delas inmigrantes. O impacto social do suceso foi tal que Estados Unidos fixo cambios lexislativos na súa memoria. E por iso, ademais, cada 8 de marzo celébrase o Día da Muller. 

Estos recursos son ideais para transmitir os motivos da loita feminista e reinivindicar a igualdade nas aulas:

PORQUE SOMOS IGUAIS E NON HAI QUE DICILO

Ningún comentario :