domingo, 30 de novembro de 2008

Amodiño, pero...LENDO!


No momento en que se nos abre esta ventaíña, estamos traballando un tempo de lectura –no espazo da Biblioteca, sempre que podemos- cun pequeño grupo de alumnos/as con desvantaxes, e poder así compensalas con bos libros. Aínda que a pasos lentos, irémonos achegando ao obxectivo.

Escollen: O misterio dos fillos de Lúa, Kafka y la muñeca viajera e Querido hijo: estás despedido.
É que Fina Casalderrey, Sierra i Fabra, son FAVORITOS.
A mestra elixiu O violín de Auschwitz. Animádevos tamén.-

venres, 28 de novembro de 2008

A mansión dos Pampín

Cada vez hai máis e mellores títulos en cómic nas bibliotecas, pero tamén están aparecendo online. Un exemplo é este título de Miguelanxo Prado que podedes descargar, ademáis de lelo aquí.



xoves, 27 de novembro de 2008

Juan Marsé nos recomienda...

El flamante nuevo Premio Cervantes, Juan Marsé nos habla de sus obras favoritas:

"La isla del tesoro", de Robert Louis Stevenson.
Amo esta novela porque, desde que la leí a los doce años, soñé con ser escritor de ficciones.
"Desde la última vuelta del camino" y "Memorias de un hombre de acción", de Pío Baroja.
Baroja es mi novelista español favorito. Todavía hoy su lectura me es necesaria para entender lo que ha sido y es este país.
"Guerra y paz", de León Tolstoi.Es una de las cumbres novelísticas del siglo XIX y la obra que más rendida admiración me ha causado jamás.
Fue un regalo de mi querida Paulina Crusat desde Sevilla, hace casi sesenta años.
"El rojo y el negro", de Stendhal.
Es una novela que en su día me deslumbró.
Me gusta porque, entre otras razones, el protagonista de esta fascinante historia,
Julien Sorel, es el padre espiritual del Pijoaparte.
"Las palmeras salvajes", de William Faulkner. El poderoso y seductor estilo de Faulkner en estado puro. En mi opinión se trata de su mejor novela, junto con "Absalón, Absalón".


Podemos visitar su página oficial en el Club Cultura o leer un relato breve del autor que El País nos ofrece: "El caso del escritor desleído"

mércores, 26 de novembro de 2008

Ollo de nube

Nunha tribu de indios crow (tribu desaparecida como tantas) nace un neno. Aínda que o nome que lle pon ao principio é Cazador Silencioso, aos poucos días descobren que é cego e as esperanzas dos familiares ven frustradas. Ollo de Nube, chamarase, e a súa nai decide ser os seus ollos. A través das palabras da súa nai e do que percibe polo resto dos sentidos, farase a súa composición do poboado e de todo o que o rodea e alcanzará unhas facultadas impensables para outros indios.
Ollo de nube de Ricardo Gómez, gañador do Premio Barco de Vapor 2006 é unha marabilla, posúe a sensibilidade do autor, e ademais, acción e unha mirada ao mundo a través dos ollos dos crow.
Ao terminar, quédache unha sensación agridoce. Doce pola feliz aventura de Ollo de Nube contra os malacosa (os colonizadores brancos), e agre porque sabemos que a longo prazo os indios desparecieron e gañaron os fusís aos arcos.
Que sería do mundo se non imperase a forza (como ocorreu cos indios norteamericanos ou con tantas outras razas en tantas outras partes do mundo), se triunfase a harmonía coa natureza e os seus espíritos?

Queredes ler o primeiro capítulo? O resto na biblioteca.

(Grazas a Literatura infantil y juvenil actual pola recomendación)

martes, 25 de novembro de 2008

Día contra a violencia

Todo por amor?


Todo por amor? é, a pesar do interrogante que expón o título, unha historia de amor á educación como motor e combustible de vida, e tamén a constatación de que pode amar e crecer á vez, amar sen cortar as propias ás e ampliar o territorio. O territorio do libro está formado, en consecuencia, polos relatos e as valoracións dos alumnos que pasaron polas clases de educación afectiva e sexual de Rosa Sanchis, polas súas discusións e por un saber teórico, froito de quince anos de estudo e traballo a pé de clase.

A aparente sinxeleza da obra é unha virtude que non esconde a exacta radiografía da manipulación moral que o patriarcado cometeu coas persoas, en especial coas mulleres, personaxes secundarios na película da vida. Pero a cámara que a profesora instalou no aula vírase aquí cara á violencia exercida contra elas e mostra claramente como a semente dos principios patriarcales se enraíza nas crenzas e sentimentos dos mozos.

Amor e dor foron demasiado tempo da man; libros como este son necesarios porque ofrecen aos adolescentes -e tamén aos adultos- diferentes ferramentas que cuestionan unha educación demasiado restrictiva porque propón recuperar a capacidade para explorar e crear pracer nas relacións afectivosexuales e o tempo para pensar e perderse na fantasía.

Neste día de non a violencia sempre é importante ter en conta estos títulos.

xoves, 20 de novembro de 2008

18 Años de Derechos del Niñ@



Ya han transcurrido dieciocho años desde que se aprobó la Convención de los Derechos del Niñ@ y todos los países del mundo (salvo Estados Unidos y Somalia) la han ratificado, convirtiéndose así en el instrumento de Derechos Humanos más ampliamente refrendado en la historia de la humanidad.

Conoce tus derechos entra en la página de la Convención y sabrás qué es, para qué sirve, cuando se firmó y quién la desarrolla.

mércores, 19 de novembro de 2008

Contos de Doris Lessing

A editorial Lumen ven de publicar unha recopilación de contos, Cuentos Europeos, de Doris Lessing. No volume recóllense todos os contos que a gran escritora Doris Lessing ambientou en Europa, escritos na última metade do século pasado. Nestes contos adícase a analizar con rigor e piedade o que nos define como seres humanos.
Honestamente hei de decir que o vou empezar a leer. Aínda está quente, pero ten moi boa pinta. Gústanme moito os libros de contos, cambias de paisaxe e de personaxes continuamente e abordan todo tipo de tramas e situacións. E vindo de esta autora,que acadou recoñecemento internacional pola súa longa carreira e que parece alguén moi próximo a nos. Xa vos contarei.
Para saber sobre Doris Lessing, visitade a wikipedia, ver unha biografía e unha bibliografía extensa sobre a súa obra.
Imprimir