martes, 25 de novembro de 2008
Todo por amor?
Todo por amor? é, a pesar do interrogante que expón o título, unha historia de amor á educación como motor e combustible de vida, e tamén a constatación de que pode amar e crecer á vez, amar sen cortar as propias ás e ampliar o territorio. O territorio do libro está formado, en consecuencia, polos relatos e as valoracións dos alumnos que pasaron polas clases de educación afectiva e sexual de Rosa Sanchis, polas súas discusións e por un saber teórico, froito de quince anos de estudo e traballo a pé de clase.
A aparente sinxeleza da obra é unha virtude que non esconde a exacta radiografía da manipulación moral que o patriarcado cometeu coas persoas, en especial coas mulleres, personaxes secundarios na película da vida. Pero a cámara que a profesora instalou no aula vírase aquí cara á violencia exercida contra elas e mostra claramente como a semente dos principios patriarcales se enraíza nas crenzas e sentimentos dos mozos.
Amor e dor foron demasiado tempo da man; libros como este son necesarios porque ofrecen aos adolescentes -e tamén aos adultos- diferentes ferramentas que cuestionan unha educación demasiado restrictiva porque propón recuperar a capacidade para explorar e crear pracer nas relacións afectivosexuales e o tempo para pensar e perderse na fantasía.
Neste día de non a violencia sempre é importante ter en conta estos títulos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios
(
Atom
)
Ningún comentario :
Publicar un comentario