sábado, 9 de mayo de 2009

Día de Europa


O 9 de maio de 1950, Robert Schuman presentou a súa proposta para a creación dunha Europa organizada, requisito indispensable para o mantemento de relacións pacíficas.
Se o lema do 2005 Era "Unida na diversidade", no 2006 quíxose destacar a importancia da "Democracia, o Diálogo e o Debate" na construción de Europa.
Esta proposta, coñecida como "Declaración Schuman", considérase o xerme da creación do que actualmente é a Unión Europea.
O 9 de Maio converteuse no símbolo europeo (Día de Europa) que, xunto coa moeda única (o euro), a bandeira e o himno, identifican a entidade política da Unión Europea. No Día de Europa celébranse actividades e festexos que achegan a Europa aos seus cidadáns e irmandan os distintos pobos da Unión. Se queredes saber máis sobre esta entidade podedes entrar na páxina oficial ou na páxina da imaxe.

Feliz Día de Europa

No hay comentarios :