martes, 19 de maio de 2009

Vicente Araguas: Poeta nedense


Pechando a semana das Letras Galegas, contamos no Instituto cunha visita moi especial: a do profesor, columnista, cantautor e poeta, Vicente Araguas. O certo é que Araguas ten unha personalidade moi rica en matices pero o que máis aproveitamos del foi a súa faceta de poeta nedense. Os alumnos de 4º da ESO traballaron na clase de Lingua Galega o seu poemario máis recente: “Xuvia revisitada” e ofrecéronlle a Araguas (que viña acompañado pola súa filla Andrea), unha selección dalgúns deses poemas nun itinerario que iba da mañá á noite, empezando no quiosque de Beba e rematando co seu Epitafio.
Como todos falaban de lugares de Neda, recollimos fotos, a maioría de fai tempo, e o poeta, aproveitando o seu bon facer e dunha maneira moi cercana a nós, foi acompañándonos por estes lugares e descubríndolle ós rapaces aspectos especiais do seu.
Tedes a presentación e as fotos, incluso a que nos fixemos con el na despedida, non sin antes prometernos volver para cantar ao trovador Fernando Esquío e o que xurda…

Ningún comentario :