miércoles, 20 de mayo de 2009

Las 13 rosas


Virtudes, Julia, Adelina, Blanca, Dionisia, Victoria, Ana, Elena, Martina, Pilar, Carmen, Joaquina e Luisa foron detidas e acusadas de planear un irreal atentado contra Franco. Aínda que esperaban só unha condena duns cantos anos de cárcere, uns dí­as antes de que se celebre o xuízo prodúcese un atentado contra un militar franquista no que morren tres persoas. Por iso, as 13 mozas foron elixidas como branco dunha vinganza que as condena a morte e en menos de 48 horas son fusiladas.
Todo iso cóntanolo Mari Carmen Cuesta, que foi detida xunto ao resto de mozos, pero que tal vez por contar con tan só 15 anos en 1939 se salvou de ser condenada a morte.

Para preparar a pelí­cula, tanto Mari Carmen coma o director Martí­nez-Lázaro, tiveron que facer fronte a unha dura elección, centrar a historia nos feitos históricos ou nos personaxes. "Sen dúbida, a segunda opción é a boa" afirma Martí­nez-Lázaro. "A pelí­cula servirase dos feitos reais como unha axuda para comprender algo que, se non tivese pasado, nos resultarí­a difí­cil imaxinar. Por moito que nos esforzásemos, en dúas horas é imposible falar de todo o que rodeou aquel suceso".

Este momento de crise económica que deixou de lado a polémica da "memoria histórica", é un bo momento para visionar de novo esta película chea de emocións. Visitade a páxina da biblioteca ou o noso blog De cine no Esquío.

No hay comentarios :