viernes, 11 de noviembre de 2011

Marabillosa fantasía


SketchTravel from Curio on Vimeo.

Detrás do desexo de obter fondos para a asociación benéfica Room to Read, diferentes ilustradores uníronse para realizar Sketchtravel, un libro de debuxo que pasa dun debuxante a outro como se fora un facho olímpico. O proceso durou catro anos e o libro visitou 12 países.


En total son 71 os artistas que participaron no proxecto entre ilustradores, animadores e debuxantes de banda deseñada. Baixo a dirección de Dice Tsutsumi un grupo de artistas creou un vídeo que forma parte do Sketchtravel Project e representao completamente.

No hay comentarios :