jueves, 13 de febrero de 2014

Boletín de San Valentín

Neste 14 de febreiro ademais da lectura colectiva de textos clásicos e reparto de poemas... imos ter un pequeno concurso. Os participantes terán que:
casar cada ovella coa súa parella, 
ou máis ben cada medio corazón coa súa outra metade,
 ou unir as metades dos poemas expostos na galería do corredor. 
É moi sinxelo temos uns poemas sen final e tedes que buscalos. Teredes unhas fichas para solventar o misterio e de paso lemos algúns poemas que nos fan suspirar polo amor.
O prazo remata o vindeiro 20 de febreiro, e lembrade que sempre hai premio!

Nos vindeiros días teredes as imaxes das actividades. e mentras vos achegamos unha selección dos fondos da biblioteca para ir enchendo o ollo.

No hay comentarios :