Lendo unha obra de teatro lembreime desta xenial obra de Suso de Toro da que a editorial envióume outro exemplar:
Unha rosa é unha rosa (Unha comedia de medo) é unha traxicomedia onde non falta nin o humor, nin a aceda crítica á sociedade contemporánea. A vella Rosa reparte a súa herencia en tres partes, entre os seus dous sobriños, Pololo e Adela, e a filla doutra sobriña xa morta. A vella Rosa é seguidora na televisión dos telefilmes do detective tenente Colombo, do que sabemos da súa ascendencia galega. A morte da vella Rosa, en extrañas circunstancias, desencadeará unha divertidísima trama de enredo, parodia da ambición desmedida da sociedade actual, que remate cunha inevitable hecatombe tráxica.Os diálogos chispeantes, a presencia da sociedade mediática actual (concibida como un diálogo permanente coa televisión), e a crítica máis mordaz á sociedade da "comodidade e da ambición" fan desta traxicomedia de Suso de Toro unha lectura absolutamente recomendable.
Ningún comentario :
Publicar un comentario