martes, 17 de marzo de 2015

Semana da prensa: As noticias na I Guerra Mundial


Na semana da prensa lembramos que a I Guerra Mundial foi a primeira na que a prensa participou activamente: os xornalistas colaboraron co exército e difundiron entre a poboación falsas historias heroicas, co fin de manter o entusiasmo da retagarda e fomentar o odio entre os contrincantes. A poboación europea descubriu o engano ao rematar a guerra e os lectores, conscientes de que foran manipulados, perderon a confianza nos medios escritos.  

Se queres saber algo máis sobre este conflicto global podes acceder ao contido interactivo que proporciona The Guardian para achegarnos ás claves tamén invitámosche a visitar a web sobre a Breve historia de la prensa.

A cadea BBC publicou un especial na súa secció "I Wonder" sobre o papel dos xornalistas durante a I Guerra Mundial. No interactivo infórmase por que os xornalistas poderían ser executados nesa época. 
O especial divídese en sete pestanas: Estado da censura, Fuera da lei, Los perigos da opinión pública, Correspondentes, La primeira vítima, someterse á censura, e detalles sobre a actualidade.
"Dende o comezo da guerra que o goberno británico estaba ansioso de controlar o fluxo de información dende a primeira liña", indícase. Ademais, precísase que a aprobación de leis en 1914 permitiu que o Ministerio da Guerra censure a prensa e levante o espectro da pena de morte para toda persoa declarada culpable de axudar o inimigo.

Ningún comentario :