Pódese afirmar que foi na Gran Guerra (I Guerra Mundial), cando as mulleres ven recoñecido o seu papel na sociedade, alcanzando un fito no longo camiño da revindicacion dos dereitos da muller, especialmente o dereito ao voto, iniciado pola chamada "Declaración de Seneca Fall" (1848, Nova York) e pola inglesa Emmeline Pankhurst (1858-1928).
A grande envergadura do conflito, pois é moi grande a cantidade de tropas mobilizadas, fixo que a industria, motor da guerra, necesitase traballadores. é entón cando se pensou nas mulleres, e aínda que se encontran coa opinión en contra da maioría dos homes, as féminas saben cumprir co seu papel. O rol potenciadoduarnte séculos de que a muller só coida a casa e os fillos, mentres que o home se gaña o xornal quedara obsoleto. Durante a guerra a man de obra feminina supuxo o 40% da produción e gran parte da industria armamentística dependeu do seu labor, tanto que xurdiron as denominadas munitionettes, que así é como se chamaba as traballadoras deste sector.
Pero non todas estaban empregadas nas fábricas, xa que xunto ás enfermeiras houbo mulleres encargadas dos transportes públicos, oficinas gobernamentais, e de corpos de orde cidadán...
Nesta semana imos ver unha mostra dese papel que desempeñou a muller nese periodo tan tráxico pero que conlevou o recoñecemento do seu papel na sociedade.
Ningún comentario :
Publicar un comentario