luns, 27 de xuño de 2022

Olimpiada Cultural, preguntas e respostas


Preme na imaxe ou no QR do pé

Para despedir o curso queremos deixarvos a recopilación das preguntas e respostas da IV Olimpiada Cultural para que lle botedes unha ollada: os que participastedes para que lembredes o voso paso pola proba, e os que non participastedes para que vexades que con un pouco de interese e moita curiosidade podedes solventar as probas.

O reto é voso, queredes participar o vindeiro curso? pois quentade motores  porque nos xa estamos buscando probas, e non deixedes de anotarvos na vindeira convocatoria que salirá o 1 de decembro para ter a V Olimpiada Cultural á volta do Nadal.

Vos atrevedes??



domingo, 26 de xuño de 2022

Harry Potter cumpre 25 anos

 


preme na imaxe  e move o rato cara abaixo para despregar a información.

Harry Potter cumpre 25 anos e nos non deixamos de lelo.

Seguir lendo en La Vanguardia.
Máis info do 20º aniversario tamén en La Vanguardia.

Ano Santo: Iacobus Maris


Entre os días 24 de xuño e 22 de xullo, once grandes veleiros conmemorarán a viaxe do corpo do Apóstolo Santiago nun roteiro marítimo desde Xénova, en Italia, ata o porto de Vigo, durante unha travesía onde tamén percorrerán os territorios de Valencia, Sevilla e O Porto. Entre goletas, bergantines, pailebotes, carabelas e barcos da Volvo Ocean Race, o roteiro terá catro etapas ata a súa chegada a Galicia o 22 de xullo e poderá vivirse en cada un destes cinco portos onde recalará a frota. Posterior á chegada dos tripulantes ao porto vigués, serán trasladados en autobuses ata o Monte do Gozo para facer o último percorrido a pé ata Santiago de Compostela. Igualmente, os peregrinos terán dereito á Compostela, un recoñecemento que expide o Arcebispado de Santiago de Compostela en recoñecemento ao seu esforzo por completar a travesía.

Seguir lendo en La Voz de Galicia
Para saber máis Iacobus Maris.

Roteiro "O último barco"


Para rematar o curso, o grupo do club de lectura de adultos achegámonos a Moaña e Vigo para darlle unha homenaxe a Domingo Villar recentemente falecido.
Grazas á Asociación A illa dos ratos percorrimos as localizacións en Moaña, e Óscar, o noso guía, nos fixo lembrar moitos dos momentos relevantes na novela, grazas ao seu entusiasmo volvemos a ver a vila desde os ollos de Leo, incluso os de Estevez esperando os ladridos dalgún can no contorno. Visitamos a igrexia de San Xoan recentemente premiada pola súa restauración tan respetuosa e axeitada, vemos os miradores e as praias nas que Leo paseou con Walter, respiramos o mar salgado da ría de Vigo que vese ao lonxe, buscamos ao Vaporoso nas chalanas atracadas, imaxinamos a Camilo polas corredoiras, a Mónica no seu gabinete...e a Domingo, sempre Domingo falando coas persoas desta vila para forxar a súa historia.

Logo do almorzo, cruzamos a ría nun barco dos Piratas de Nabia para achegarnos á Escola Municipal de Artes e Oficios, onde esperabamos ver a Napoleón na porta co seu estimado Timur, paseamos polas rúas desta cidade que sempre está en obras, para finalmente ollar no Elixio, taberna sempre disposta a ofrecer unha cunca de caldo e un grolo de bo viño... 
Moitas grazas aos participantes por ter o ánimo por encima da tristeza de perder ao autor, para viaxar a Vigo e Moaña. Disfrutamos deste día perfecto no que a calor non fixo acto de presenza e a chuvia nos respetou o suficiente para ter unha xornada moi productiva.
E grazas de novo a Óscar quen nos fixo o roteiro do máis ameno.

Guía da visita en Moaña.

xoves, 23 de xuño de 2022

Final de curso: Recitado e representación teatral


No último día do curso os alumnos de 1º ESO A fixeron unha representación de varios relatos,  os de 1º ESO B un recitado colectivo e unha alumna de 3º ESO A recitou varios poemas do noso compañeiro e profesor de música Paulino Pereiro.
Norabóa por tan boa iniciativa e traballo por parte dos rapaces e as profesoras Mar e Carme.

xoves, 16 de xuño de 2022

Roteiro por Ribadavia


O pasado 14 de xuño tivemos o roteiro por Ribadavia para despedir o curso do Club de Lectura, disfrutamos dun día axfisiante pero tivemos moitas cousas que facer:
  • Visitamos o Museo Etnológico de Ribadavia, onde nos mostraron as tripas dun museo que preserva a nosa memoria, vimos cómo tratan os fondos bibliográficos históricos, e cómo restauran as doazóns e materiais delicados. Grazas a Rosa e María José vimos un museo dende outro punto de vista.
  • Fixemos unha visita guiada á vila grazas aos rapaces do IES O Ribeiro, as profesoras Isabel e María prepararon unha guía sobre a historia de Ribadavia incluíndo as localizacións máis sinaladas na novela Memoria do silencio de Eva Mejuto, e os rapaces do club de lectura e outros que o leran este curso, fixeron de cicerones. Os rapaces dividíronse en grupos para poder camiñar, e foi unha visita moi instructiva.
  • Para agradecer o encontro, lles demos como agasallo aos rapaces unhas chapas do noso club de lectura e o boletín coas cantigas do noso Fernán Esquío, e as nosas especialistas do museo o mesmo boletín.
  • Por último nos relaxamos na área recreativa a Veronza fronte ao IES, pois ía moita calor, 34º, e á sombra almorzamos e nos demos un chapuzón, sempre moi ben acompañados.
Moitas grazas ás profesoras e rapaces de Ribadavia, así como ás responsables do Museo por darnos tanto a coñecer.

martes, 7 de xuño de 2022

Entrevista a Albert Espinosa


Un dos nosos autores favoritos é Albert Espinosa do que limos El mundo amarillo e Brújulas que buscan sonrisas perdidas pero ten máis que aportar non só nas sús historias ou películas, acaba de estrear Life is Life: as súas entrevistas son un canto á vida, unha ensinanza para todos.

Na entrevista que reseñamos hoxe, comenta que levaba 3 anos sen conceder ningunha pois estaba preparándose para morrer xa que lle dixeran que non chegaría aos 50 anos. Pese a telos cumpridos, segue traballando, segue falando, dándonos unha lección de humildade e sabedoría vital.

Non deixedes de ler a entrevista en El Mundo, ten momentos incribles:

"Mi médico me dijo que a los 50 moriría por el tipo de cáncer que tenía. He cumplido 51 y estoy vivo. Me tomé de los 47 a los 50 años un tiempo para poder descansar y prepararme para morir, pero no me he muerto"

 "Antes de la pandemia, me vino una chica de 16 años con el libro de su padre que se acababa de morir y le quedaba medio capítulo. Me pidió que lo leyésemos juntos y fue uno de los momentos más emocionantes de mi vida. Ella llevaba seis meses sin terminar el libro y fue muy bonito leerlo con ella."

 "Yo con el cáncer aprendí que las pérdidas son ganancias y, si en el colegio hubiera asignaturas sobre el amor, las pérdidas y la muerte, todo sería más sencillo."

"Pensábamos que con la pandemia íbamos a ser más empáticos que nunca y yo creo que lo hemos sido menos."

 "De la misma manera que para erradicar el bullying se tendría que poder castigar a los padres de los acosadores."

Para saber más:  Blog de Albert Espinosa

venres, 3 de xuño de 2022

"santoamaro" de Antonio M Fraga na lista OEPLI deste ano

"santoamaro" (XERAIS) lembraredes que tivemos ao autor na nosa biblioteca, foi seleccionado para o catálogo de 200 libros que anualmente publica a Oepli Literatura Infantil-Juvenil. Outra raiola do mencer que chega a esta praia.

Norabóa a Antonio Manuel Fraga e esta é unha boa ocasión para reler a obra.

"Finalizado o seu derradeiro ano no instituto, unha cuadrilla de rapaces e rapazas disponse a gozar do verán tras o cal, posiblemente, os seus camiños se afastarán para sempre. Despois dunha noite de festa acaban na praia de Santo Amaro, onde prometen xuntarse nas madrugadas dos sábados para bañarse no mar e conversar. Nese único escenario van agromando as relacións e os segredos, a amizade e a traizón, os medos e as feridas. Cara ao final do verán, un terrible acontecemento dinamitará o que semellaba un grupo indestrutible e desvelará aspectos dos protagonistas ocultos ate entón."

xoves, 2 de xuño de 2022

Enquisa sobre o funcionamento da Biblioteca Escolar


Esta enquisa é anónima e as túas respostas axúdannos a mellorar polo que vos pedimos o máximo respeto e sinceridade á hora de responder.
Grazas

mércores, 1 de xuño de 2022

Premio Lazarillo 2021 de novo para Ledicia Costas

 


De novo Ledicia Costas gaña o Premio Lazarillo 2021 na modalidade de Creación Literaria coa súa obra "A lebre mecánica"...e xa perdemos a conta. 
Segundo o xurado, o texto gañador «trata cun bo nivel de linguaxe para os adolescentes a diversidade de xénero e a ludopatía, destacando que a obra combina de maneira equilibrada a narración e os diálogos, con reflexións contrastadas e conformes ás vivencias da idade».

Esperamos a súa publicación con interese!!