xoves, 13 de setembro de 2007
O abecedario do porvenir
Nadine Gordimer, Navarre Scott Momaday, Philippe Claudel, Fatou Diome, Gisèle Pineau y Abdourahman Waberi son alguns dos escritores que unen a súa voz á da UNESCO na súa loita contra o analfabetismo. No Correo da Unesco de setembro, publicado co gallo do Día Internacional da Alfabetización ( ver BlogFesquío do 8 de setembro), os artígos acompañan unha serie de reportaxes sobre os cinco galardonados cos Premios de Alfabetización da UNESCO:
o Children’s Book Project de Tanzania, que en dez anos publicou case 250 libros infantís que teñen repartidos por 3.500 escolas, o Centro de Administración da Educación Comunitaria de Longshend (China), que en poucos anos logrou alfabetizar a 3.700 mulleres de minorías étnicas, Tostan (Senegal), que forma ó adolescentes e adultos que non foran á escola, Reach out Read (Estados Unidos), que axuda a preto de 25% dos nenos máis pobres do país e Family Reorientation Education and Empowerment (Nigeria), que logrou que case o 20% dos séus alumnos regresen á clase.
Ler máis.
Subscribirse a:
Publicar comentarios
(
Atom
)
Ningún comentario :
Publicar un comentario