sábado, 8 de septiembre de 2007

Letras para todos, pero sobre todo para as nenas



O día 8 de setembro foi declarado en 1967 pola ONU e pola UNESCO Día Internacional da Alfabetización, para espertar a conciencia da comunidade internacional e chegar a un compromiso mundial en materia de educación e desenvolvemento. Desde entón foron moitos os progresos realizados en gran cantidade de países para que a poboación aprenda a ler e escribir.
Con todo, aínda hoxe, existen no mundo 880 millóns de adultos que non saben ler nin escribir, dos cales dúas terceiras partes son mulleres. Dos máis de 120 millóns de nenos que ven privados de educación básica, as dúas terceiras partes son nenas.
A alfabetización e a educación son cimentos sobre os que TODOS podemos construír un mundo mellor, enredate.

No hay comentarios :