martes, 16 de outubro de 2007
Día Mundial da Alimentación
A FAO celebra cada ano o 16 de outubro o Día Mundial da Alimentación, no aniversario da fundación da Organización en 1945 en Quebec, Canadá.
Este ano o tema do Día Mundial da Alimentación é "O Dereito á Alimentación", para recordar que este dereito humano básico é a miúdo ignorado xa que 850 millóns de persoas continúan sufrindo hoxe unha grave inseguridade alimentaria.
Segundo a lexislación internacional, o dereito á alimentación é o que ten toda persoa a contar cun acceso regular a alimentos suficientes, adecuados no aspecto nutricional e culturalmente aceptables para levar unha vida sa e activa. É o dereito de toda persoa a alimentarse a si mesma con dignidade, máis que o dereito a recibir alimento.
Desde o Cume Mundial da Alimentación de 1996, a FAO traballou cos gobernos e comunidades de todo o mundo para que se recoñeza este dereito humano básico.
Fíxate no mapa e na súa animación aquí
Subscribirse a:
Publicar comentarios
(
Atom
)
Ningún comentario :
Publicar un comentario