xoves, 4 de outubro de 2007
Sputnik
Hoxe cúmprense 50 anos dende o lanzamento do Sputnik por parte dos soviéticos. Se pulsas no enlace seguintes escoitarás o primeiro sinal que enviou.
DivShare File - sputnik.wav
Termos como guerra fría ou carreira espacial non din nada para o alumnado do instituto, pero os xornais, o cine e a literatura ocupáronse amplamente deles neses anos.
No tocante á tecnoloxía foi un fito extraordinario, xa que por primeira vez se puxo en órbita un inxenio humano e iniciouse unha carreira espacial que culminou, cando menos nunha primeira etapa coa chegada do home a Lúa acadada por una tripulación dos Estados Unidos.
Unha das grandes beneficiadas desta carreira foi a NASA que contou con grandes presupostos na década dos sesenta, e nosoutros, xa que os adiantos científicos e tecnolóxicos melloraron a nosa vida.
E o impacto na sociedade foi brutal, hoxe sabemos o que pasa en calquera lugar do globo no mesmo instante en que ocorre gracias ós satélites, obxectos de uso frecuente desenvolvéronse para o espazo, e, o máis preocupante, miles de ollos por riba de nós vixíannos día e noite.
A ciencia e a tecnoloxía poñen as ferramentas nas nosas mans, pero o uso que se lle dé é responsabilidade dos que as usan.
Subscribirse a:
Publicar comentarios
(
Atom
)
Ningún comentario :
Publicar un comentario