xoves, 27 de marzo de 2008
Día Internacional do Teatro
Conta unha lenda que unha noite, en tempos remotos, un grupo de homes reuníronse nunha canteira ao redor do lume a contarse historias. De súpeto, un deles tivo a idea de levantarse e utilizar a súa propia sombra para ilustrar o relato. Axudado pola luz das chamas, fixo aparecer sobre os muros da canteira personaxes máis grandes ata que os reais. Paso a paso, os asistentes, marabillados, foron distinguindo ao forte do débil, ao opresor do oprimido, ao deus do mortal. Así naceu o teatro.
Hoxe é o seu día internacional e no noso centro próximamente teremos as representacións do noso grupo de teatro: 'Os cravos de prata' e 'A consulta de doutor'. O teatro é unha actividade enriquecedora: serve para mellorar a nosa dicción, liberarnos da timidez, experimentar novas sensacións, aumentar a auto estima e gozar en grande. Animádevos e participade!
Subscribirse a:
Publicar comentarios
(
Atom
)
Ningún comentario :
Publicar un comentario