Queridos e queridas, aló a comezos de novembro iniciamos unha sección semanal para recomendarvos programas de televisión escollidos entre as producións que misturasen entretemento e calidade, fuxindo de espesuras infumables e tamén do lixo vergoñento; incorporamos todos os xéneros e formatos sempre que pagou a pena, e sempre emisións das canles abertas e gratuítas. Evidentemente existen máis programas relacionados coa cultura, os libros, as artes e as ciencias..., e animámosvos a continuar por ese camiño a vosa relación coa televisión; esta sección foi só unha pequena mostra desa programación amena e de calidade diferente ás salsas rosas, as famas, os superviventes, os grandes irmáns ou os "triunfitos"...
Agora decidide vós como empregar o mando da tele.
Ciao parrroquia.
Enlaces ás suxestións que publicamos:
- Historias de Galicia
http://wap.crtvg.es/TVG/acarta.asp?prog=158
- Al filo de lo imposible
- El escarabajo verde
- Planeta finito
- Guías urbanas
- La saga Cousteau: aventuras en el Océano
- National Geographic documentais
- Guías Pilot
- Desafío extremo
- Tres14
- Ruta Quetzalt
- Cartelera
Ningún comentario :
Publicar un comentario