domingo, 20 de abril de 2008
Mes do libro: Libros que deixan pegada I
Cando abrimos un libro abrimos unha fiestra ao mundo, a moitos mundos, porque grazas a eles temos nas nosas mans a ocasión de viaxar, de ver, de coñecer, de aprender, de vivir outras vidas...
Se tivesemos que lembrar esas viaxes, eses mundos que coñecemos a través dos libros con cal deles nos quedariamos? Cal dos nosos libros recomendariamos a alguén que quixera soñar?
Todos levamos a impronta duns libros que nos deixaron pegada, non teñen que ser obras mestras; ás veces non teñen a calidade literaria dun Premio Nobel, senón que é un libro liustrado, un conto que nos leron de pequenos ou un poema que nos chegou moi fondo...
Fai a túa recomendación na pegada que atoparás na biblioteca, con elas faremos un camiño cara á biblioteca onde exporemos unha selección dos libros favoritos no Esquío, e contesta a este cuestionario..., pero sobre todo disfruta da lectura porque "non hai mellor fragata para levarnos a terras afastadas" (Emily Dickinson)
Subscribirse a:
Publicar comentarios
(
Atom
)
Ningún comentario :
Publicar un comentario