mércores, 2 de abril de 2008

Mes do libro: Que libro serías se as persoas fósemos libros?



"Todos temos un libro (novela, poemario, libro de contos, libreto, obra de
teatro, ensaio) ao que non só debemos agradecer a paixón que sentimos pola
Literatura, senón que marcou o rumbo das nosas vidas, non se trata do mellor libro escrito xamais, senón aquela obra que, ao lela, cambiounos para sempre".
A Escola de Escritores convoca a todos os internautas a celebrar o Día do Libro deste ano dunha forma diferente: revelando "o libro que seriamos se as persoas fosen libros".
Do 1 ao 23 de Abril poderase encher na páxina da Escola un formulario presentando un libro que polas súas características ou polas circunstancias nas que o lemos está tan unido a nós como para consideralo o noso outro eu.
Estos días estiven a falarlle ós meus alumnos de Hans Christian Andersen pola conmemoración de hoxe, da que falamos no post anterior, e por suposto coñecían "El soldadito de plomo", "El patito feo".... pero non sabían nada de "Las zapatillas rojas". Teño que pensalo con máis detemento, pero cando tiña oito anos impactoume terriblemente..., seguro que todos temos unha obra que aprenderiamos como facían os protagonistas da novela de Bradbury Fahrenheit 451.
Cal sería a túa? Por curiosidade, accede ao cuestionario e elixe... unha tarefa nada fácil.

Ningún comentario :