domingo, 13 de decembro de 2009

Norabóa Manuel


Felicitámonos de que un dos nosos autores de cabeceira tivese o recoñecemento de toda a comunidade cultural galega.
Manuel Rivas foi nomeado membro da Real Academia Galega.
Rivas, nado na Coruña en 1957, é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e traballou como colaborador para diferentes medios.
A súa faceta de escritor foi galardoada cos premios Torrente Ballester de Narrativa en 1995, o Premio Nacional de Narrativa en 1996 ou o Premio da Crítica Española en 1998.
Recomendámosche unha das súas últimas obras "Os Grouchos", e si queres podes ler as primeiras páxinas.

Ningún comentario :