mércores, 16 de decembro de 2009

O alumnos de secundaria outórganlle a Daniel Pennac o Premio Spinoza


Naceu co obxectivo de fomentar a lectura do ensaio nos máis novos, ao tempo de reivindicar a figura de Bento Spinoza. O premio, que toma o nome do filósofo, foi iniciativa do Instituto Rosalía de Castro e concédeno os estudantes de cinco institutos de Galicia.
Este ano, o texto gañador é o ensaio Mal de escola na que conta como un mal alumno chega a ser profesor e, mais adiante, un escritor recoñecido, Daniel Pennac.
O autor aborda a cuestión da escola e da educación dende o punto de vista dos malos alumnos. O autor, un dos máis celebrados das letras francesas contemporáneas, un pésimo estudante adolescente, estuda esta figura do folclore popular outorgándolle a nobleza que se merece e restituíndolle a carga de angustia e dolor que a acompaña... (Seguir lendo)

Vía Cultura Galega.

Ningún comentario :