domingo, 24 de outubro de 2010

Outubro: Mes das Bibliotecas Escolares e concurso


Tradicionalmente o vindeiro día 24 era o día das Bibliotecas Escolares, hoxe o celebramos todo o mes... pero son realmente esenciais as bibliotecas escolares?
A súa presenza nos centros pode supor unha fonte de recursos tanto materiais como electrónicos, unha porta ao mundo. Sempre a temos na mente como un lugar de aprendizaxe pero o que máis nos gusta dela é o seu carácter sentimental, nela viaxamos no espazo e no tempo, atopamos outras vidas e tamén, por que non, encontrámonos a nós mesmos.
Nestas datas os cursos pasados algúns de nos lembramos, outros descubrimos algún autor do que celebramos ó seu aniversario.
Na entrada do instituto teredes material de sobra para descubrir o autor deste ano. Buscade nas súas obras os datos que faltan no encrucillado e resolvede as incógnitas. Pero sempre lendo, sempre viaxando por ese río aventureiro, cuns rapaces que non teñen nada de inocentes, viaxade polo tempo a outra época de discriminación racial non tan afastada á nosa. E disfrutade, sobre todo pasádeo ben coa obra deste autor xenial do podedes escoitar unha pequena historia neste poster, autor que non pasa desapercibido pola súa forma de dicir as verdades e retratar a sociedade.

O concurso é moi sinxelo, só tedes que cubrir o boletín que axuntamos individualmente ou por parellas (ler en compaña é máis divertido) e deixalo na biblioteca antes do 2 de novembro.

Lembrade que participar ten sempre premio!





Ningún comentario :