O ano 2012, ademais, foi declarado pola ONU como o Ano Internacional das Cooperativas. Por esta razón proponse incluír actividades específicas para comprender o funcionamento dunha cooperativa.
Nesta semana os alumn@s farán visibles os seus traballos arredor desta relación.
A idea de dedicar un día cada curso para celebrar as Matemáticas nos centros de ensino, naceu no marco do ano 2000, Ano Mundial das Matemáticas.
Na reunión da Comisión Executiva da Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM) do 11 de marzo, por iniciativa de Luis Balbuena, da Sociedade Canaria de Matemáticas Isaac Newton, a FESPM decidiu propoñer o día 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas. A data concreta veu suxerida porque ese ano se cumpría o centenario do nacemento de Pedro Puig Adam, internacionalmente recoñecido no campo do ensino das Matemáticas.
Agora que estamos metidos de cheo nas probas de avaliación de diagnóstico estaría ben saber o que se está a cocer sobre este tema e as probas Pisa... seguir lendo e si todavía non sabedes o que é Pisa aquí vos deixamos un video moi interesante:
Ningún comentario :
Publicar un comentario