A música é unha linguaxe que segue as súas
propias leis e como tal, pode estudarse dun xeito sistemático e
obxectivo.
Nun percorrido pola web podemos achar ferramentas e recursos
multimedia especialmente deseñados para facilitar a súa aprendizaxe. Presentamos
a continuación unha selección deles para coñecer e comprender os elementos
básicos da linguaxe musical.
Lecciones Interactivas de Música
Este recurso interactivo que contén
animacións con son consiste nunha serie de leccións sobre linguaxe musical a
través da cal se vai presentando e explicando de forma sinxela e visual os
conceptos básicos sobre a escritura musical.
AprendoMusica
É unha serie de sinxelas leccións e xogos
interactivos para animarse a aprender música ou poñer en práctica os nosos
coñecementos.
Esta colección de actividades dirixidas á aprendizaxe da
linguaxe musical, foi creada por Octavio Soler,
profesor de música de primaria da Comunidade Valenciana. Os recursos que se
publican nesta páxina están dirixidos ao ensino primario, e poden ser tamén
útiles en escolas de música e cursos preparatorios do conservatorio con rapaces.
As actividades e xogos poden ser utilizados en aulas de informática, aulas de
música provistas de ordenador ou lousa dixital.
Fichas de ejercicios de lenguaje musical
Recurso para imprimir realizado por Lourdes Leal, mestra de educación musical. Segundo a
autora, as fichas permiten traballar a linguaxe musical a un nivel moi elemental
e básico, dunha forma concisa e breve, no curto espazo de tempo (unha hora á
semana) de que dispón a materia de música no horario escolar. As fichas están
secuenciadas e pensadas para comezar a traballar con
elas dende primeiro de primaria, adaptándoas ao nivel de cada curso.
Web del lenguaje musical
É unha páxina dedicada a " todos os nenos
e non tan nenos" que estean interesados en aprender a ler e escribir música.
Publicado no sitio web da Xunta de Andalucía.
(Vía Educared: recursos en la lupa)
Ningún comentario :
Publicar un comentario