luns, 24 de setembro de 2012
En setembro... Emilia Pardo Bazán
Emilia Pardo Bazán foi a muller máis importante da literatura española dende o último terzo do século XIX ata o seu falecemento.
A través da Fundación Barrié, no seu proxecto "Más libros, más libres", coa creación dunha web interactiva baseada no libro de Pilar Faus Sevilla, Emilia Pardo Bazán: a súa época, a súa vida e a súa obra, incorpóranse diferentes actividades didácticas sobre temas como: naturalismo, rexionalismo, feminismo ou catolicismo e sobre a apaixonante biografía da escritora a través da súa obra.
As actividades e recursos que podes encontrar no libro multimedia están dirixidas ao alumnado de Bacharelato.
Actividades: test de autoavaliación, comentarios de textos, webquest, ideas de proxectos, quitzs, etc.
Nesta unidade didáctica interactiva intégranse diferentes recursos multiformato como: publicación en formato dixital, resumo da obra, biografía, textos seleccionados, audio, links externos, vídeos, galería de imaxes, glosario de termos e liña de tempo.
Invitámosvos a descubrir a esta escritora tan importante tanto na xeneración do 98 como no papel da muller na vida cultural nacional.
Subscribirse a:
Publicar comentarios
(
Atom
)
Ningún comentario :
Publicar un comentario