domingo, 16 de setembro de 2012

Xa estamos de volta...



Comeza un novo ano escolar e, coma todas as bibliotecas, prepáramonos para recibir ao alumnado con actividades e propostas para achegar un mundo de aventura, investigación e descubrimentos para todos, para facer que o voso tránsito polo noso centro non sexa máis cun calendario con exames e clases, senón unha vivencia  que lembredes durante anos. E como sempre queremos achegarnos tamén ás familias coa teima de "se nos lemos, eles tamén leen": involucrar a nais e pais na formación dos novos lectores e alumnos neste mundo tan cambiante
Neste DÍPTICO, Biblioteca e comunidade escolar, publicado desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, sinálanse algunhas das actividades máis frecuentes e que mellor resultado veñen dando desde hai anos, pois poñen en valor os libros, a lectura e o acceso ao coñecemento; facilitan orientación a nais e pais nestes temas; posibilitan a súa colaboración; aproveitan o entusiasmo e o bo facer daquelas familias que queren contribuír á construción dunha escola máis aberta e mellor para os seus fillos e fillas.
 
Esperámosvos porque a nosa biblioteca a creamos TODOS.
 

Benvidos




Ningún comentario :