O Xurado decidiu premiar a obra de Mallorquí por ser un canto á aventura e homenaxe á literatura clásica, escrita con paixón, amenidade, humor e intelixencia e pola excelente construción dos seus personaxes e as súas tramas".
O escritor estudou Periodismo na Universidade Complutense de Madrid e traballou en La Codorniz e na Cadea SER. Posteriormente, desempeñou diversos postos nunha axencia de publicidade norteamericana. A parede de xeo (Premio Alberto Magno 1992), O coleccionista de selos (Premio UPC 19995), A casa do Doutor Pétalo (Premio Gigamesh 1996), O último traballo do señor Luna (2000), As bágoas de Shiva (Premio EDEBÉ 2002), A catedral son algunhas das súas obras. A illa de Bowen é un libro de aventuras ao estilo dos de Julio Verne ou Arthur Conan doyle, con illas misteriosas, asasinatos, minerais preciosos, heroes e manuscritos medievais. Por esta obra foi galardoado co Premio EDEBÉ 2012.
Norabóa polo galardón!
Ningún comentario :
Publicar un comentario