Segunda entrega das
aventuras de Nemo, o xigante de pedra.
O príncipe indio que oculta o seu verdadeiro nome para
protexer a súa vida e a dos seus dous novos amigos, Ashlynn e Daniel.
Xuntos
percorren Europa descifrando misterios e fuxindo dos seus inimigos, dos que
polo de agora se deron salvado grazas á intelixencia pouco común de Nemo e á
lealdade de Ashlynn e Daniel.
Varios contendentes dispútanse Bundelkhand, e
Nemo, para salvar o seu reino, terá que renunciar ao seu nome e cruzar o océano
na procura dun misterioso tesouro. O príncipe de pel escura, arrastrado polas
correntes, fuxirá lonxe. En compañía de Daniel, de Ashlynn e do seu inseparable
can Nautilus, sobrevoará Europa a bordo da súa aeronave. Praga é a meta. Alí
vive un rabino que talvez poida axudalo a descifrar o enigma necesario para
atopar o tesouro. Pero terá que facelo antes de que Madame Zeta e os escarlatas
acaben con eles.
Un mundo de criaturas lendarias, gólems e símbolos misteriosos
envolve a vida do príncipe indio e dos seus compañeiros de viaxe. Entrementres,
a néboa cobre as calellas de Praga, do mesmo xeito que os segredos escurecen o
pasado de Nemo e os detalles da súa perigosa misión.
No programa da RTVG "Cada día un libro"
Subscribirse a:
Publicar comentarios
(
Atom
)
Ningún comentario :
Publicar un comentario