Producións Escentricas presentou Sempre Rosalía no centro o pasado venres 22 para homenaxear a Rosalía de Castro polo seu aniversario, o 24 de febreiro.
Xosé Lois (Diego Freire) atópase na aula facendo os primeiros esbozos da biografía de Rosalía de Castro cando irumpe na mesma a propia Rosalía e inician un diálogo sobre a súa vida e obra. Diálogo protagonizado polos seus poemas e doutros poetas que escribiron sobre ela, como García Lorca e comentando a visión que tiñan dela.
Nesta intervención achegan ao alumnado a unha figura moi diferente á popularmente coñecida, como ela mesma lles decía "de chorona" pola dunha muller loitadora, por ela mesma e por todas as mulleres.
O obxectivo último deste espectáculo, tan cercano, é a celebración da figura de Rosalía de Castro e salientar o seu papel na nosa cultura, a pesar dos obstáculos que tivo que superar coma muller na súa época.
Moitas grazas ao Concello de Neda por ternos en conta para as súas actividades.
Moitas grazas ao Concello de Neda por ternos en conta para as súas actividades.
Ningún comentario :
Publicar un comentario