martes, 19 de marzo de 2019

Karen Uhlenbeck, a primeira muller en gañar o Premio Abel considerado o Nobel das matemáticas


Hai medio século, a estadounidense Karen Uhlenbeck, por entón unha nova e prometedora matemática, púxose a buscar un emprego, tras dous breves traballos temporais como profesora no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts e na Universidade de Berkeley. “Dixéronme que ninguén contrataba a mulleres, porque as mulleres debían estar na casa e ter bebés”, lembrou nun libro en 1997. Hoxe, a Academia de Ciencias e Letras de Noruega decidiu conceder a Uhlenbeck o Premio Abel 2019, dotado cuns 600.000 euros e considerado o Nobel das matemáticas. “Son matemática. Os matemáticos facemos investigacións exóticas, así que é difícil describir exactamente o que fago en termos sinxelos”, recoñecía no mesmo libro a científica. Uhlenbeck, nacida en Cleveland hai 76 anos, traballou con ecuacións en derivadas parciais, desenvoltas orixinalmente pola necesidade de describir fenómenos como o electromagnetismo, pero que agora se utilizan en multitude de contextos, como o estudo das formas do espazo en varias dimensións.
No 2000 gañou tamén o Premio Nacional de Ciencias.

Seguir lendo en El País



Ningún comentario :