A Asociación Internacional das Artes Plásticas decidiu conmemorar o 15 de abril por ser a data na que naceu Leonardo Da Vinci, xenio universal e un dos artistas máis carismáticos coñecidos.
A Asociación Internacional de Artes Plásticas, coñecida polas súas siglas en español AIAP e en inglés International Association of Art, IAA, é unha organización non gobernamental (ONG) que traballa en colaboración oficial coa UNESCO, con carácter consultivo. Está composta por artistas plásticos pertencentes esencialmente aos campos da pintura, escultura, gravado e artistas que practican outras formas de traballo creativo nas artes visuais.
Ningún comentario :
Publicar un comentario