venres, 12 de abril de 2019

No mes de abril, lecturas mil e tamén visita ao Salón do Libro en Pontevedra



Nesta ocasión a visita do pasado mércores 10 ao Salón do Libro en Pontevedra tivo un carácter primordialmente ilustrativo, e con iso queremos dicir que as actividades se centraron na ilustración e o manga.
Tivemos a sorte de asistir á charla de Kiko da Silva, Víctor Rivas, Zaida Novoa e.... Anémona del río, sí a mesma! a primeira persoa que publicou un manga en galego!.
Antes da charla estivemos con Eva Mejuto, directora do Salón, quen nos fixo un oco na súa apretadísima axenda para poder falar de Memoria do Silencio, obra que os nosos alumnos de 3ºESO e 1ºBAC leran. Como sempre, moi xenerosa nos tempos, explicounos que dar a coñecer ás irmás Touza  despois de ter salvado a máis de 500 xudeus durante a II Guerra Mundial era imprescindible, é parte da nosa historia descoñecida e os rapaces deben saber dela.
Ademais do Salón e a súa mostra na que se incluía obras de Kiko da Silva e de Angel de la Calle, tamén visitamos o Museo Provincial de Pontevedra, a sede do edificio 6 onde está parte da exposición do Salón do Libro, a mostra da temática desta convocatoria, a Lusofonía con ilustradores portugueses e brasileiros. Tamén visitamos a mostra de Prehistoria e a de Castelao.

Unha visita moi proveitosa como podedes ver na seguinte presentación, se queredes descargar as fotos ou velas na súa totalidade as tedes no enlace de arriba.



Kiko da Silva nos falou da historia do manga, do Garaxe Hermético e vos deixamos un agasallo, unha lenda que nos contou sobre o comezo da ilustración manga:


Ningún comentario :