mércores, 16 de outubro de 2019

Estratexias para ter éxito no estudo



"O meu fillo vaia se estuda: pásase toda a tarde encerrado na súa habitación e
non sae nin para coller un vaso de auga".
Ben, poida que si estea a sacar partido a ese tempo de peche, pero tamén é posible que o estea perdendo miserablemente.
Por exemplo, se estuda tombado na cama, co teléfono móbil na man recibindo mensaxes sen parar, a música de reguetón soando a lume de biqueira e os apuntamentos desordenados e esparexidos polo chan… non está a utilizar a mellor das estratexias.
Tampouco é garantía de que estea a aproveitar o tempo se simplemente está sentado na mesa de estudo, con todo o material de traballo disposto, pero a mente vagando polo espazo exterior. Se non está concentrado, xa pode tirarse horas aí sentado que non lle vai a servir de nada....

Seguir lendo en La Voz de Galicia vía Ana T. Jack

Ningún comentario :