domingo, 20 de outubro de 2019

Semana de Tolkien: 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares



“Cando o señor Bilbo Bolsón de Bolsón Pechado anunciou que moi pronto celebraría o seu centésimo decimoprimer aniversarios cunha festa de especial magnificencia, houbo moitos comentarios e excitación en Hobbiton”.

O 29 de xullo cumpríronse 65 anos da publicación de O Señor dos Aneis, de J. R. R. Tolkien, que comezaba coa frase anterior, unhas palabras que introducían ao lector nun universo de fantasía xa coñecido por uns poucos grazas ao Hobbit (1937).
Como fans de Tolkien non podemos deixar escapar a ocasión de achegarvos a súa figura e obra.

Invitámosvos a festexar o mundo de Tolkien con un concurso no que teredes que solventar enigmas para chegar a bo porto.
Se tedes algunha dúbida sempre poderedes botar unha ollada ós vídeos que deixamos á vosa disposición na galería do centro e a información do link de "No Día das bibliotecas Escolares falamos de..."


Aquí tedes a galería coas fotos da exposición, mirade que fermosura de anel único!!

Ningún comentario :