Todos lembramos a Ángeles Alvariño, paisana da comarca de Ferrolterra; oceanógrafa, zoóloga e profesora, precursora na investigación oceanográfica mundial, en 1953-54 foi a primeira muller científica nun buque oceanográfico británico, o Sarsia. Pois o Ministerio de Ciencia e Innovación adoptou o seu nome para un Premio Nacional de Investigación para novos científicos nas áreas de ciencias e tecnoloxías dos recursos naturais. Este ano o premiado é Manuel Delgado Baquerizo polos seus estudos do bioma do chan como elemento clave para a saúde e, en definitiva, para a vida, nun escenario de cambio global.
Delgado é líder do Laboratorio de Biodiversidade e Funcionamento de Ecosistemas (BioFunLab) do Instituto de Recursos Naturais e Agrobioloxía de Sevilla (IRNAS-CSIC).
Gústanos saber de ciencia e máis se o premio leva o nome dunha recoñecida científica galega.
Norabóa a Manuel Delgado Baquerizo polos seus traballos tan importantes para manter o noso ecosistema e protexer a biodiversidade.
Ningún comentario :
Publicar un comentario