A Fundación
Rosalía de Castro volve poñer en marcha este 2023 no aniversario de Rosalía o
“Caldo de Gloria”, unha iniciativa inspirada no poema “Miña casiña, meu lar” na
que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica
diaria da supervivencia.
COMO
PARTICIPAR (*)
a) Fai un
Caldo de Gloria:
– Podes seguir as
instruccións que Rosalía dá no poema.
–
Ou consultar a receita de Picadillo (1905).
– Ou seguir os
consellos de Xoanqui Ameixeiras, o noso cociñeiro convidado do ano
pasado (o deste ano será Óscar Vidal, cociñeiro xefe d’O
Pazo Asador de
Padrón, a primeira Estrela Michelín da Terra de Iria. Tamén podedes ver
aquí a proposta de Lucía Freitas (do restaurante A Tafona, estrela
Michelín).
b) Logo le un
poema rosaliano (ou
máis). Pode ser o ‘Miña casiña, meu
lar’ que inspirou
esta iniciativa, ou calquera outro.
c) Desfrútao e compárteo nas redes sociais cos seguintes cancelos (hashtags): #CaldodeGloria #DíadeRosalía
O caldo de Rosalía, a épica dos humildes
Queremos
conmemorar o Día de Rosalía lembrando o poema “Miña casiña, meu lar” de Follas
novas, no que unha muller pobre conta un capítulo da súa épica diaria: a de
sobrevivir. Esta muller que vén de Santiago a Padrón e chega á casa mollada e
esfameada, a pesar de que carece de todo e de que os seus avaros veciños lle
negan o que lles sobra, consegue o milagre da supervivencia: facer un humilde
caldo de gloria e un bolo do pote. No seu triunfo sobre a desventura e a pobreza,
ao pé da quentura da lareira no seu fogar, está tamén a lección de como con
case nada o ser humano é quen de sobrevivir e ademais ser feliz.
Ningún comentario :
Publicar un comentario