sábado, 22 de abril de 2023

Premio dos Clubs de Lectura 2023 para Manuel Núñez Singala

 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, da Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional  e Universidades fai pública a Resolución de 21 de abril de 2023 pola que se recoñece a Manuel Núñez Singala co Premio dos Clubs de Lectura 2023.

 No ano 2015 creouse este premio co obxecto de recoñecer cada ano a aqueles autores e autoras que, cos seus libros, axudan á construción de lectoras e lectores nestas etapas da adolescencia e a mocidade que, no ámbito da lectura, están consideradas como etapas de risco de abandono, ao ampliarse o abano de estímulos e intereses.  Até o momento recibiron este galardón os escritores Agustín FernándezPaz (2015), Ledicia Costas (2016), Miguelanxo Prado (2017), Carlos Negro (2018), María Reimóndez (2019), Andrea Maceiras (2020), Eva Mejuto (2021) e Antía Yáñez (2022).

Manuel Núñez Singala é un dos autores máis seguidos polo lectorado infantil e xuvenil galego.  Dous dos seus títulos, O achado do castro e  Atranco no banco, están entre os 50 libros máis lidos nos Clubs de lectura no curso 2021/2022.

Ningún comentario :