Isaac Asimov, o famoso autor estadounidense de obras de ficción creou as tres leis da robótica, coas que pretendeu normalizar a relación entre o ser humano e os robots.
Asimov é lembrado
sobre todo polas súas obras de ciencia ficción, pero tamén é destacable a súa
faceta como divulgador. Escribiu sobre matemáticas, astronomía e química, e
tamén sobre historia. Asimov atreveuse así mesmo a facer algúns vaticinios. Nun
artigo publicado en 1964, Asimov predixo como sería o mundo dentro de 50 anos,
é dicir, en 2014, e acertou nalgunhas das súas predicións. Predixo que mentres realizabamos
unha chamada telefónica, non só oiriamos, senón que tamén poderiamos ver ao
noso interlocutor (o que hoxe coñecemos como videollamada). Tamén dixo que,
aínda que non sería algo moi común, haberían robots. Afirmou que existirían
aparellos de cociña que prepararían a comida e máquinas de café. Prognosticou a
aparición de coches sen condutor ou, como el chamábaos, "vehículos con
cerebro de robot". Pero tamén avanzou que non toda a poboación mundial
podería ter acceso a estas novas tecnoloxías. Asimov advertiu tamén sobre os
problemas da superpoblación, e afirmou ademais que os humanos só sobrevivirán
como especie se algún día logran alcanzar a igualdade efectiva entre homes e
mulleres.
Ademais, algunhas
das súas predicións de futuro reais, nun tempo no que a IA e
o ChatGPT está inundando todas os noticieiros lembramos a Isaac Asimov polas súas obras e as súas
leis da robótica:
1. un robot non
pode danar a un ser humano ou, por inacción, permitir que un ser humano sexa
danado.
2. un robot debe
obedecer as ordes dadas por un ser humano, excepto cando tales ordes entren en
conflito coa Primeira Lei.
3. un robot debe
protexer a súa propia existencia ata onde esta protección non entre en conflito
coa Primeira ou a Segunda Lei.
Ningún comentario :
Publicar un comentario