martes, 9 de maio de 2023

Agochado no andel: Roxín Roxal

 


A Ponte do Porco, que atravesa o río Lambre e conecta os concellos de Miño e Paderne, debe o seu nome á historia de Roxín Roxal, unha lenda medieval galega ben coñecida no norte da Coruña, especialmente na comarca do Eume, que narra un tráxico episodio protagonizado por un doncel ao servizo da casa dos Andrade, señores de Pontedeume. Este relato, transmitido oralmente de xeración en xeración, foi recollido e reformulado por literatos como Benito Vicetto, Uxío Novoneyra ou Leandro Carré Alvarellos.  Precisamente a través da obra deste último chegou ata un noviño Manel Cráneo que ficou enfeitizado coas andainas do intrépido escudeiro e que agora, anos despois, une forzas coas do debutante Brais Fierro para tentar levalas á banda deseñada.

Descobre Roxín Roxal e a daga do conde!!

Ningún comentario :