sábado, 8 de marzo de 2008

Día Internacional da Muller (Traballadora)

O Día Internacional da Muller Traballadora celébrase o 8 de marzo.

A orixe desta data remóntase a 1857 cando en Nova York houbo unha marcha de mulleres traballadoras dunha fábrica téxtil en protesta polas condicións do seu traballo.

Outro feito importante que condicionou esta data ocorreu en 1908 tamén en Nova York cando un grupo de mulleres traballadoras, costureras industriais, de grandes fábricas decláranse en folga para protestar polas súas condicións laborais, piden un aumento dos salarios, unha redución da xornada laboral e o fin do traballo infantil. Durante esta folga pacífica 129 mulleres morreron queimadas nun incendio na fábrica Cotton Textile Factory, este incendio foi provocado polos mesmo donos da fábrica.
Crese que isto ocorreu o 8 de marzo dese ano.

En 1909 celebrouse por primeira vez nos EEUU o día da muller traballadora respondendo a unha declaración do Socialist Party of America. Este día, 8 de marzo, foi proposto en 1910 como día internacional da muller traballadora durante o Congreso Internacional de Mulleres Socialistas en Dinamarca. En 1911, ao ano seguinte e en resposta a este decreto, máis dun millón de mulleres e homes europeos participaron en manifestacións por demandas de igualdade para a muller.

O 8 de marzo de 1977 a oficina dos Nacións Unidas declarou "O Día Internacional de Mulleres Traballadores", e a cor para representar os esforzos das mulleres que morreron é o lila.

Lembra
É importante recordar que este día non é para celebracións. Este día é para conmemoracións e dar ás mulleres o respecto e a igualdade que se merecen. A situación da muller avanzou de forma moi significativa desde aquel 8 de marzo, con todo, aínda quedan moitas cousas por facer para que a igualdade sexa completa entre homes e mulleres

Entra en Unicef e envía unha postal, ou xoga
con Enrédate
e aprende sobre a discriminación que sofren as nenas e as mulleres en todo o mundo

No hay comentarios :