Hoxe celébrase o Día de Pi e nós queremos conmemoralo co poema que a poeta polaca Wislawa Szymborska escribiu en 1976 e que vos deixamos a continuación. Esperamos ter feito unha tradución o máis fiel posible ao poema orixinal e que vos guste.
venres, 14 de marzo de 2025
xoves, 13 de marzo de 2025
8 de marzo: Educación para a Igualdade
mércores, 12 de marzo de 2025
martes, 11 de marzo de 2025
luns, 10 de marzo de 2025
Exposición sobre Torrente Ballester en Ferrol
8 de marzo: Pola igualdade, Nacións Unidas
sábado, 8 de marzo de 2025
8 de marzo: Mulleres que foron donas de sí
Podedes disfrutar da exposición e descubrir as súas obras grazas ao traballo do equipo de biblioteca do CFPI Ferrolterra e a Juan Casal que nola cedeu.
No boletín da exposición podedes atopar as mulleres que se describen e se son correctos na biblioteca vos entregarán as pegatinas das mulleres.
venres, 7 de marzo de 2025
Manuel Rivas, premio CEDRO 2025
Tras recibir o Premio Nacional das Letras, o escritor Manuel Rivas é obxecto dun novo recoñecemento, o Premio CEDRO, concedido polo Centro Español de Derechos Reprográficos. A decisión susténtase no recoñecemento do seu firme compromiso coa cultura, así como a súa achega á defensa dos dereitos de autor e a propiedade intelectual.
Decálogo do bo espectador
Para ir ao teatro, obradoiro, conferencia ou espectáculo en xeral, tamén é importante coñecer as normas establecidas; algunhas persoas traballan para que nós pasémosnolo/pasémonolo ben. Para que respectemos, como cabe, o seu traballo, pedímosvos que leades o decálogo que tedes a continuación e que o poñades en práctica na próxima visita a algún espectáculo.
1. En primeiro lugar, informarvos ben do espectáculo que ides ver. En ocasións o que un se imaxina non coincide coa realidade.
2. Tedes que ser puntuais. Chegade, polo menos, 15 minutos antes e teredes tempo para atopar o voso lugar sen molestar a ninguén.
3. Unha vez comezou o espectáculo, non podedes abandonar o voso lugar. Se tedes necesidade de ir ao servizo, facédeo antes ou despois da representación.
4. O silencio é indispensable, xa que os actores traballan para que vos divirtades. Non os distraiades cos vosos comentarios.
5. Tede coidado cos esbirros e a tose, poden molestar moito aos actores e, tamén, ao público en xeral.
6. Por respecto aos actores ou conferenciantes, non se ha para comer durante a representación. Gardádevos as pipas e as chucherías para despois.
7. Se a obra non vos gusta, non molestedes aos outros compañeiros que poden estar interesados na función que se lles ofrece.
8. Unha causa urxente pode obrigarnos a abandonar a sala. Neste caso, procuraremos que a nosa saída non provoque ruídos nin molestias aos demais.
9. Se aínda cos esforzos dos actores e os creadores do espectáculo a obra non vos gusta, debedes estar en silencio na vosa butaca por respecto ao público e a todos os que fixeron posible a representación.
10. O aplauso, non os asubíos nin os berros, é a mellor recompensa para os actores que nos fixeron pasar un tempo agradable.
E por último, os profesores acompañantes seguro que seleccionaron para vós este espectáculo polo seu interese e relevancia para a vosa aprendizaxe, pensade que todo o que se fai nos centros educativos é para o voso proveito e enriquecemento así que, non os poñades no brete de ter que pedir desculpas por vós, ao contrario, sentide orgullosos e agradecidos por gozar de algo marabilloso en compañía dos vosos amigos.