Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións

martes, 28 de abril de 2026

Entrega de premios polo Día de Rosalía


Facemos esta publicación cun pouco de retraso pero, por fin, velaquí tedes as gañadoras absolutas do concurso "O rosco de Rosalía", co que conmemoramos o Día de Rosalía este curso:

- Uxía Lorenzo Pérez, de 2º A de Bacharelato.

- Alejandra Romero Díaz, de 2º A de Bacharelato.

Parabéns, rapazas!

luns, 23 de febreiro de 2026

Día de Rosalía

 

Cada 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía. Este curso, nós rendémoslle unha pequena homenaxe a través do concurso "O Rosco de Rosalía", un pasapalabra relacionado coa vida e obra da autora. Tedes ata o 18 de marzo para entregar as vosas respostas na biblioteca. Animádevos a participar!

xoves, 6 de marzo de 2025

A Rosa Incandescente

Hoxe disfrutamos da compaña de Rosalía de Castro que veu a visitarnos da man dunha ferramenta incrible: o cinema. 
Grazas á creatividade e esforzo de Anxos García Fonte o alumnado de 3ºESO e 1º BAC achegouse á figura da nosa poeta máis internacional.
A Rosa Incandescente presenta as inquedanzas, dúbidas e preocupacións dunha Rosalía moi nova que xa quería ser dona de sí, asinar os seus traballos có seu nome e dar valor ao traballo dunha muller. A Rosalía doente pola súa familia, nai e fillos; a Rosalía autora, a Rosalía feminista é a representada na curta de Anxos García Fonte, guionista e produtora que soubo escoller os ambientes interiores e exteriores da nosa terra cunha gran sensibilidade.
Un privilexio contar con ela no noso centro para achegar aos rapaces a súa figura.

Moitas grazas Anxos e a todos os que a axudaron a crear esta marabilla.

domingo, 23 de febreiro de 2025

Conmemoración do Día de Rosalía a través da Bioloxía

Para conmemorar o Día de Rosalía, e utilizando como inspiración o libro O herbario de Rosalía (do que temos exemplares na nosa biblioteca), o alumnado de Bioloxía de 1º de Bacharelato fixo este proxecto no que, a partir dos versos da autora, estudou as características biolóxicas de distintas especies de plantas. Temos a exposición dos carteis no corredor da planta baixa do instituto e tamén volos deixamos aquí. Parabéns ao alumnado polo seu traballo!