mércores, 30 de abril de 2008

VIVA POLAQIA!!!

Nestes días nos que a tele nos quere convencer de que se pode ser famoso porque si, hai xente que pensa, traballa e crea obras fantásticas por amor ó arte. Un exemplo, o colectivo Polaqia. Este colectivo de auto-editores de banda deseñada fundado na Coruña no 2001 leva publicados unha vintena de cómics. O último, o número 11 da revista BARSOWIA, xa o temos na biblioteca. Tanto se vos gusta o cómic como se non podedes atopar unha historia que vos guste. Paréceme un número moi bo con historias cheas de enxeño e fantasía.

E todo vindo de xente que ten que compaxinar a súa faceta artística con outras cousas para poder chegar a fin de mes.

Como vedes, hai outras formas de ser e de vivir que ademais aportan algo.

NORABOA POLAQIA.

Para saber máis cousas sobre banda deseñada galega, podedes visitar esta páxina.
Outras publicacións de POLAQIA.

Espero os vosos comentarios.


Ningún comentario :