miércoles, 23 de abril de 2008

XIX Feira do Libro de Ferrol


Nestes días, en todas as cidades conmemórase o Día do Libro, e na nosa comarca, tal e como anunciabamos a semana pasada, ademais das Xornadas Literarias sobre William Faulkner de Neda, convócase a XIX Feira do Libro de Ferrol.
Nesta feira ademais de actividades lúdicas como maxia, conta contos, talleres de "cómic" ou papiroflexia, gozaremos coa participación de escritores como Manuel Rivas, Luís García Montero, Antón Cortizas, Paula Carballeira,Teresa Moure, Farruco Graña, Rosa Aneiros ou Rafael Lema.(Ver programa)

Non deixedes de aproveitar esta ocasión de atopar ese libro que vos está esperando!

E saberiades dicir que sucedeu tal día como hoxe? Por que se conmemora o día internacional do libro un 23 de abril?

No hay comentarios :