lunes, 27 de octubre de 2008

Limóns.

Houbo unha vez un inglés que tocou a batería con Genesis (antes de Phill Collins), formou parte dun circo, recorreu Europa rapando ovellas, foi á China para facer unha guía de viaxe, e despois de todo iso acabou mercando un cortijo na Alpujarra. E alí leva vivindo moitos anos coa súa muller, Ana, e a súa filla andaluza Chlöe. Este inglés, chamado Chis Stewart recolleu no libro “Entre limones” o seu desembarco na Alpujarra e, como tivo éxito, fixo a segunda parte, “El loro en el limonero”.
Son dous libros moi divertidos, que contan como son os Alpujarreños e os españois dende o punto de vista dun inglés, aínda que, tal e como eu o vexo, pouco inglés, e relatan con moito humor a loucura dun home, que decide embarcarse el e, de paso á súa familia, na aventura de ser un granxeiro último modelo.
O verán pasado lin o primeiro e este verán a continuación, e pasei moi bos ratos, e entre risa e risa fai reflexións moi interesantes sobre a xente e as súas relacións. Así que, e con coñecemento de causa, volos recomendo. Facédeme caso e non o lamentaredes.
Aquí tedes unha entrevista co autor publicada en "El Pais" cando aínda non se publicara o seu libro en España, onde se ve que é un bo tipo e unha que lle fixeron en "El Mundo" cando se presentou ás eleccións municipais por "Los verdes de Andalucía". O que hai que ver, guiri e preocupado polo entorno.
Saúdos.


No hay comentarios :