lunes, 17 de noviembre de 2008

"A beleza non está en nós senón nos ollos de quen nos ve"


Con estas palabras resúmese a novela Laluna.com de Care Santos na que se recrea e actualiza a historia de Cyrano de Bergerac.
Cira ten dous problemas: un nariz que mide 'uns tres centímetros máis que o nariz máis grande que vexades' e o seu primo Amador, do que está secretamente namorada desde que era nena. A súa vida vólvese aínda máis problemática cando Amador lle pide que lle axude a conquistar á súa amiga Cris, da que o está locamente namorado. Cira, no seu papel de celestina, acabará axudando á súa amiga Cris a escribir cartas de amor dirixidas a Amador. Pero como é sabido, as mentiras teñen as pernas curtas.

Non deixedes de lela e se queredes saber mais aquí tedes información da autora e de Cyrano.

No hay comentarios :