martes, 4 de novembro de 2008

Contaminando ata o fin

A capacidade da humanidade para contaminar non ten límite. No último acto do noso paso por este mundo tamén somos capaces de deixar residuos, e non so os naturais. Nun pequeno artigo da revista National Geographic do mes de novembro comenta o cara, económica e ecolóxicamente, que sae a morte. Por suposto, a maior nivel de vida maior contaminación. So nos Estados Unidos se gastan 9000 km (vez e media o raio da Terra) de táboas de madeira para ataúdes, boa parte delas de madeiras preciosas tropicais; aceiro suficiente para volver construír o Golden Gate, tres millóns de litros de líquido para embalsamar e 1,6 millóns de toneladas de formigón.

O “primeiro mundo” estraga e contamina sempre que ten oportunidade. Pero non hai que perder a esperanza, xa están aquí os “enterros verdes”, nos que os cadaleitos e as urnas funerarias están feitos de papel reciclado (que vos parece o azul? e o das frores?) e descansan na terra cando chega o momento. Iso si, poden levar un pequeno receptor GPS para que os que deixamos aquí saiban onde atoparnos.

Para saber máis sobre ecoenterros, podedes pulsar o seguinte enlace.

E se queredes escoller un modelo para cando chegue o inevitable podedes ver estes modelos ou estoutros. E se buscades un pouquiño máis, pois atoparedes moitas máis cousas. Todo está na internet.

Saúdos, ós vivos e ós mortos.

Ningún comentario :